A Carreira Popular de Pontecesures estírase dos 434 aos 640 inscritos

Pablo Penedo Vázquez
pablo penedo VILAGARCÍA / LA VOZ

PONTECESURES

MARTINA MISER

O Concello salienta o éxito da campaña de axuda aos orfos do crime de Valga

11 ene 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

640. Este é o número de inscritos nas dez categorías e nas seis distancias da vixésima edición da Carreira Popular de Pontecesures. Una proba que mañá domingo arricará ás once da mañá coa saída conxunta dos atletas das categorías júnior, sénior e Master A e B apuntados a un dos dous percorridos, de 4 e de 8 quilómetros, nos que este ano decidíu dividir o Concello a proba coa intención de elevar o seu interese, e atraer o maior número de participantes; co primeiro obxectivo de axudar aos dous nenos da veciña Valga que o pasado mes de setembro quedaron orfos de nai, de tía e de avoa tras o asasinato de Sandra e de Alba Boquete, e da nai de ambas as dúas, María Elena Jamardo, a mans do marido da primeira e pai dos cativos, José Luis Abet.

Co engadido de Run for them, corre por eles en inglés, a XX Carreira Popular de Pontecesures recadou 1 de cada 6 euros das inscricións dos atletas júniores, séniores e masteres para os dous orfos, dándolles a posibilidade aos inscritos de facer un donativo a maiores. Ademais, a Concellería de Deportes cesureña, coa súa titular, Laura Villar, á cabeza, desenvolveu nas últimas semanas unha campaña de captación de fondos co mesmo destino entre empresas e negocios locais e da contorna.

A recadación está pechada

Todo o recadado serálle entregado ao avó dos rapaces, o seu titor legal mañá co gallo da proba deportiva.

Neste punto, Laura Villar quixo aclarar que o Concello non porá mañá ningún sistema para poder achegar novas doazóns, como se publicara o 29 de decembro neste xornal, cinguíndose á campaña comentada e á captación de diñeiro pola vía das inscricións. Neste punto, a concelleira cesureña declarouse «muy contenta» pola resposta recibida á primeira das causas solidarias coas que buscou darlle una volta á proba decana do atletismo do Baixo Ulla no súa vixésima edición. Pasando dos 434 participantes do 2018 -a presente edición, que tocaba en decembro, adiouse para facela coincidir co número redondo do 2020- aos 640; os 598 apuntados a través da web de emesports, a firma encargada da loxística da carreira, máis os 42 integrantes do Náutico Pontecesures rexistrados. Deses 640, 407 correrán as distancias raíñas, 4 e 8 quilómetros.