O Náutico Pontecesures gaña o Galego de Xoves Promesas

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

PONTECESURES

Cedida

Conquistou a xeral masculina e o segundo posto na feminina en Muíños

11 jun 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O Náutico Pontecesures foi o sábado un dos protagonistas do Campionato Galego de Xoves Promesas. Logo de rematar terceiro no podio por equipos da Copa de España da categoría, na localidade ourensá de Muíños conquistaba a xeral masculina, sendo segundo na feminina só por detrás da E.P. Ciudad de Pontevedra e xusto por diante do Breogán do Grove. Ademais, na categoría infantil o Pontecesures foi subcampión, tanto masculino como feminino, co Náutico Firrete á fronte das clasificacións.

A nivel individual, foron unha decena os padexeiros arousáns nos diferentes podios. Salientando o triplete das canoístas infantís B do N. Ponteceures Natalia Varela, Tania Vila e Erica Caeiro, ouro, prata e bronce; e os títulos de Carme Devesa (Breogán) no kayak cadete e do canoísta infantil A Pedro Torrado (As Torres-Romaría Vikinga).