«Concerto singular» chega ao escenario de Pontecesures

La Voz

PONTECESURES

Será mañá no centro social o vindeiro sábado seguirá o teatro

14 sep 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Sábado 15 • 22 horas • Centro social de PontecesuresO Concello de Pontecesures continúa coa súa programación cultural de verán, mañá con teatro, da man da compañía Psícore que porá en escena «Concerto singular». Trátase dunha comedia musical coa que a compañía busca a risa do público desde o virtuosismo musical, a elegancia e unha estética próxima á comedia xestual máis clásica. A oferta teatral do Concello para setembro non remata aquí. O día 22 será a quenda do grupo Ubú Teatro, que acode a Pontecesures coa obra «Leonardo e os fontaneiros», dirixida ao público infantil e familiar. Neste ocasión trátase dunha montaxe baseada nunha obra de María Victoria Moreno, a autora homenaxeada no Día das Letras Galegas deste ano.