O Pontecesures gaña a regata alevín e benxamín da Illa

O As Torres-Romaría VIkinga pechou o podio compartido co Náutico Pontecesures. Catro barcos arousáns optan hoxe á clasificación para o Mundial de Maratón


vilagarcía / la voz

Cerca de medio milleiro de padexeiros prebenxamíns, benxamíns e alevíns de 21 clubs pontevedreses citáronse na mañá de onte na praia do Bao, na Illa de Arousa, para disputar a quinta proba puntuable para a Liga Provincial das categorías menores do piragüismo federado. Unha proba que rematou co triunfo na clasificación por equipos do Náutico Pontecesures, cun total de 7.874 puntos sumados, co Club de Mar Ría de Aldán ocupando o segundo posto con 7.218, polos 6.808 do Club As Torres-Romaría Vikinga.

Máis aló dos éxitos colectivos, o piragüismo arousán gozou de sete podios individuais. Con Pablo Contiñas, do Náutico O Muíño de Ribadumia, impoñéndose na categoría dos máis novos, a prebenxamín, sobre unha distancia única para todas as regatas de 1.500 metros. En benxamíns, Iván Dovalo, do Piragüismo Cambados, concluíu segundo tan só por detrás de Iván Bernal, con triplete da comarca na competición feminina con Sofía Parada, do Piragüismo Cambados, primeira, Carla Santos, do Náutico Pontecesures, prata, e Marta Castiñeiras, deportista das Torres-Romaría Vikinga, pechando o podio.

José Ruibal, do Náutico Pontecesures, foi subcampión da proba alevín B tras Daniel Torres, do Piragüismo Portonovo. E en alevíns A Brian Pérez asinou o terceiro triunfo individual da mañá protagonizado por un padexeiro da ría para ledicia dos seus compañeiros do Náutico O Muíño.

A Liga Provincial continuará o seu calendario moi preto da praia do Bao que deixou onte, coa súa sexta regata puntuable programada para o 9 de setembro en Vilanova de Arousa.

Catro barcos arousáns optan ao Mundial de Maratón

Tono Campos e o seu compañeiro no Breogán do Grove José Antonio Sánchez, no C-2 Sénior, a tamén breoganista Tania Álvarez xunto coa lucense do Kayak Tudense Tania Fernández, con Fátima Ordóñez e Antía Santiago, das Torres-Romaría Vikinga entre as súas rivais no K-2 Sénior; e as tamén catoirenses Xoana García e Aldara Merino no K-2 Júnior son hoxe as bazas arousás non só para tentar acadar un título na terceira e derradeira xornada do Campionato de España de Maratón -Álvarez non pode ao palear nun barco mixto-, senón tamén para copar unha praza no Mundial.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O Pontecesures gaña a regata alevín e benxamín da Illa