O Grove bate récords en doazón de sangue situándose por riba da media nacional
O GROVE
A localidade rexistrou no 2025 unha taxa de 58,56 por cada mil habitantes, mentras que a media española se situaba en 33,96
07 ago 2026 . Actualizado a las 05:00 h.O Grove doa sangue por riba da media nacional. Así o confirman os datos trasladados dende a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) de Galicia. A localidade acadou no 2025 unha taxa de doazón de 58,56 por cada mil habitantes, unha cifra que supera de lonxe á porcentaxe en toda España, que se sitúa en 33,96, e á de Galicia, que chegou ao 38,82 o ano pasado. A resposta dos veciños é sobresaínte neste caso, pero en certa maneira normal en termos de solidaridade, xa que a localidade está habituada a volcarse sempre e cando se reclama axuda, sexa do tipo que sexa. O alcalde do Grove, José Cacabelos, salientaba onte a importancia destes datos, animando á veciñanza a que siga mantendo esta resposta, que é fundamental para seguir salvando vidas.
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Galicia, facía estes días un chamamento para doar, sobre todo aos que pertenzan aos grupos A+ e B-, dado que as reservas están moi baixas. Este verán, coa posta en marcha da campaña Un alento de vida, ADOS busca obter ao redor de 22.000 doazóns de sangue.