O Grove: meter a pata

Cartas al director
cartas al director CARTAS AL DIRECTOR

O GROVE

LETICIA CASTRO

10 jun 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

A expresión enxebre «estar á que salta» significa estar sempre disposto a aproveitar as ocasións. O que sucede é que ás veces é tan forte o ímpeto co que actúas que che pode saír mal e, entón, entra en xogo outra coñecida expresión popular que tamén todos coñecemos, que é «meter a pata», da cal atopamos versións más elaboradas e gráficas como «meter a pata ata o corvejón» ou «meter a pata ata as orellas», que é cando a túa equivocación é moito máis grave. Co cal, «estar ao que salta» non sempre sae ben.

Algo así lle pasou ao vogal de EU do Grove, que no seu afán de apuntarse un tanto criticou a visita do conselleiro de Cultura ao xacemento de Adro Vello e acusou á Xunta e a todos os que acudimos alí de falta de respecto institucional pola ausencia do alcalde ou algún representante do seu Goberno, sen saber que desde a consellería informouse previamente ao concello desa visita. Quizais sexa por eso que nin o alcalde nin ningún membro do seu grupo se haia queixado. Aconsellámoslle que se informe ben antes de falar. Pablo Leiva.