Pablo Leiva, candidato do PP no Grove: «O centolo, sempre macho»

Antonio Garrido Viñas
antonio garrido O GROVE / LA VOZ

O GROVE

Martina Miser

No Grove son algo máis de nove mil os electores chamados a votar, e o PP quere mellorar os tres concelleiros que ten agora

25 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Pablo Leiva (PP) é un recentemente chegado á política. O seu obxectivo é mellorar os tres concelleiros que acadaron os populares nas eleccións do 2019 e, se cadra, disputarlle a alcaldía ao PSOE de Cacabelos.

—Como vai a campaña? É como agardaba?

—Pois si, as sensacións son boas, pero a última sondaxe é a das furnas.

—Cambia moito a vida?

—Estás máis en contacto directo coa xente, páranche pola rúa, interactúas máis, é unha campaña de proximidade.

—Falemos do seu traballo. Prefire un xurado popular ou un xuíz profesional?

—Aposto por un xuíz.

—Pois o domingo o veredicto é dun xurado popular?

—Pois si. Depende de como te percibiu a xente

—Ben, no seu caso non debe ser difícil facerlle un traxe o contrincante...

—Dilo polo meu pai?

—Si, claro (o pai de Pablo Leiva foi o responsable de Confecciones Leiva, mítica xastrería do Grove)

—Meu pai tiña as medidas de moitísima xente do Grove. Era de cando había que facer os traxes a man, agora veñen de fábrica.

—E nunca arrimoulle por aí?

—Non, el houbo un momento que quixo empurrarme a tirar por aí, pero non.

—Leiva. Con ese apelido triunfará no Náutico de San Vicente.

—(Risas). Xoguei de porteiro no Anduriña e dicíanme que como porteiro era un cantante dos bos.

—Tan malo era?

—Que va. Non era nada malo, cheguei a xogar na selección de Pontevedra

—Algo haberá que facer co fútbol no Grove, que chegou a estar en Terceira e agora nada.

—O que hai que facer é traballar duro coa canteira.

—Se falamos do Grove, hai que falar de marisco. Cal é o seu marisco favorito

—A min gústame todo o marisco.

—Xa, pero se tivera que escoller un, cal sería?

—O camarón. Encántame.

—E no centolo, que prefire, macho ou femia?

—O centolo, sempre macho.

—Recoméndeme unha praia do Grove?

—Eu sempre ía á das Pipas, pero para pasear a mellor é a da Lanzada.

—E é de praia ou de chiringuito?

—Teño que dicir que xa fun máis á praia do que vou agora. Agora gústame ir á Lanzada, pero para pasear.

—E con tanto paseo, nunca lle picou unha faneca?

—Picoume si. Nas Pipas precisamente.

—E cal foi o remedio para a dor. Amoníaco ou unha boa mexada?

—Amoníaco, amoníaco. Había un posto de vixiantes e botáronme amoníaco.