O BNG do Grove presenta caras novas nos postos de saída da lista para os comicios municipais

leticia castro O GROVE / LA VOZ

O GROVE

Leticia Castro

Eduardo Domínguez e a sindicalista Maite Galiñanes son as novas incorporacións o proxecto nacionalista na localidade

03 mar 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O BNG do Grove desvelou onte parte da lista que concorrerá as comicios municipais do 28 de maio. Era toda un segredo que os nacionalistas gardaron ata o de agora con bastante celo. Tralo candidato a alcaldía, David Torres, sitúase como número dous Sara Abeijón, traballadora do sector socio-sanitario, que forma actualmente parte da corporación meca, pero xunto a eles, o Bloque incorpora a dúas caras xoves que rompen a media de idade no partido. No número tres, Eduardo Domínguez, que procede do sector das TIC e traballador en grandes multinacionais, e no catro, Cristina Míguez, con coñecementos de xornalismo, veterana no partido pese a ser a máis nova, que actualmente traballa no sector da hostalería. Pecha o primeiro tramo Maite Galiñanes, empregada nun dos hoteis balneario de A Toxa, sindicalista e defensora dos dereitos das traballadoras e integrante do equipo As Centolas do Breogán.

O equipo foi presentado onte xunto ao peirao do Grove e contou coa presenza da deputada do BNG, Montse Prado, que subliñou a valía de cada un dos integrantes e asegurou que O Grove precisa «un cambio de rumbo».

Pola súa parte, o voceiro da formación, David Torres, dixo estar ilusionado co equipo que teñen formado para presentarse nas vindeiras eleccións, que integra non só a militantes de base senón tamén a novas caras que «queren formar parte deste proxecto que temos para O Grove», confesaba. Torres quixo resaltar que o seu é un programa «serio, rigoroso, realista e ilusionante»,.

Os nacionalistas mecos aseguran que están preparados para escoitar as inquedanzas dos veciños. E matizan «Queremos un cambio respeito ao pasado que representa o PP e aquel PXOM, o presente do PSOE coa súa política de ordeno y mando, queremos un proxecto para futuro onde os nosos fillos teñan traballo», destacou o que será o número un da lista.