Nemiña, unha nova inquilina no Igafa

l.c. O GROVE / LA VOZ

O GROVE

CEDIDA

Este exemplar de tartaruga común foi atopado en novembro nunha praia de Muxía

06 dic 2022 . Actualizado a las 19:48 h.

O Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa) acolle á tartaruga Nemiña, que o pasado 23 de novembro foi atopada na praia de Nemiña, en Muxía, enredada nunha maraña de cabos e un saco de rafia. Trátase dunha tartaruga común, de 34 centímetros de lonxitude e 2,2 quilos de peso, que se recuperará no centro de Niño do Corvo, na Illa de Arousa, ata que chegue o momento de que volva ao medio natural. Nemiña é a cuarta tartaruga que recibe atencións e coidados no Igafa, unhas instalacións polas que teñen pasado tamén 13 lobos mariños dende que o centro, dependente da Xunta, comezou a colaborar co Cemma.