Lionel Rexes gaña o premio de novela Lueiro Rey con «A montaña do poeta»

Bea Costa
Bea Costa O GROVE

O GROVE

CEDIDA

É a segunda vez que este escritor de Alfoz faise co premio convocado polo Concello do Grove

18 dic 2021 . Actualizado a las 20:17 h.

Era a segunda vez que se presentaba ao Premio de novela curta en galego Manuel Lueiro Rey, e volveuno a gañar. En 2016 fíxoo con A raíña das velutinas; agora, no 2021, coa obra A montaña do poeta. Unha hora despois de coñecer a feliz noticia, Lionel Rexes explicaba a este diario que se trata dunha historia inspirada en feitos do pasado cunha trama que transcorre na actualidade. O punto de partida e unha casa abandonada de Alfoz que daquela frecuentaba o poeta Noriega Varela e na que, casualidades da vida, Rexes foi atopar un ciclomotor que lle roubaran hai uns anos. O relato pronto cobrará forma de libro grazas a este premio literario. A edición da novela é parte do premio. A outra son tres mil euros que o Concello do Grove entregaralle ao gañador nun acto que se desenvolverá no consistorio, se a pandemia o permite.

O fallo do Lueiro Rei fíxose público esta tarde, logo de reunirse o xurado formado por Armando Requeixo Cuba, Ánxela Rodríguez Rodríguez, Carmen Ferreira Boo, Manuel Antonio Piñeiro Fernández e Héctor Cajaraville Araújo.