O Grove bota man de TikTok para fomentar o uso do galego entre a mocidade

La Voz O GROVE / LA VOZ

O GROVE

MONICA IRAGO

O Servizo de Normalización Lingüística Concello do Grove vai poñer en marcha o programa de dinamización lingüística Bicos con lingua

09 sep 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O Servizo de Normalización Lingüística Concello do Grove vai poñer en marcha o programa de dinamización lingüística Bicos con lingua, que se vai desenvolver grazas a unha subvención da Deputación e coa colaboración dos dous centros de ensino secundario da vila. A primeira acción terá lugar o venres 17 de setembro, ás 20.30 horas, na praza do Corgo, onde se representará a obra Bicos con lingua, a cargo de Talía Teatro. O sábado 18 será a quenda para a xente máis miúda da casa co espectáculo Ris Ras, de Baobab Teatro, dirixido a nenas e nenos de entre 1 e 7 anos e as súas familias. Será ás sete da tarde no Corgo.

Ademais, organízase un certame de TikTok en galego para alumnado de terceiro e cuarto de ESO escolarizado nos centros do municipio. «A fala do Grove en TikTok» pretende estimular a creatividade, animar á creación de vídeos en lingua galega e poñer en valor o léxico peculiar da localidade.