«Localmente hay una gran desinformación», afirma o biólogo afincado no municipio do Grove, pois a pesar de que na costa estamos diariamente en contacto co mar, moitas veces vivimos dándolle as costas. «Cualquiera biólogo marino que viene aquí queda impresionado, la gente de aquí ve el mar como algo normal y no suelen indagar en él, pero visto desde otra perspectiva es muy interesante», engade. A desinformación saíu a flote o ano pasado, cando saltaron todas as alarmas no momento no que dúas candorcas adolescentes «jugaron de una forma un poco brusca y violenta con las embarcaciones; se llegaron a decir auténticas barbaridades», afirma Bruno Díaz.
Sen dúbida, Galicia ten unha enorme riqueza por descubrir e conservar, aínda que tal e como aclara Bruno «biológicamente todavía nos queda mucho por aprender». Desde o BDRI continúan día a día na súa labor divulgativa, formativa e de conservación, para que toda esta valiosa información chegue, non só aos científicos, senón tamén á xente de a pé a esta aprenda a respectar o medio mariño.