Música e espectáculos sobre Xela Arias, para celebrar as Letras Galegas no Grove

La Voz O GROVE

O GROVE

Haberá un pasacalles, dúas actuación na biblioteca e outra cita a través das redes sociais

11 may 2021 . Actualizado a las 14:17 h.

O venres 14 de maio a partir das seis da tarde. Raquel Queizás -na imaxe- achegará ata a biblioteca do Grove o espectáculo de narración oral Arredor de Xela, para coñecela mellor a figura da homenaxeada este ano nas Letras Galegas e darlle difusión aos seus versos. O espectáculo vai dirixido a público infantil e familiar e, para asistir, é necesaria inscrición previa na biblioteca, chamando ao teléfono 986 7323 41, no correo electrónico biblioteca@concellodogrove.es ou a través das redes sociais da biblioteca.

O luns 17 de maio, tamén ás seis da tarde, haberá un pasacalles a cargo da Asociación Cultural Paradanda Mecos, que amenizará o pobo con música tradicional galega. Unha hora despois, ofrecerase en streaming, a través das redes sociais de Cultura, un acto a cargo do Grupo Musical Onte e Hoxe presentado pola cantante e reporteira Fátima Prego, que intercalará cancións interpretadas polo grupo coa intervención de persoas vinculadas á cultura galega: o actor Luís Iglesia, o director de Edicións Xerais Francisco Alonso, a estudante de Filoloxía Galega Mariña Area e o profesor e compoñente de Migallas Teatro Carlos Yus.

Xa o 20 de maio, a partir das dez da mañá, a agrupación local Xarope Tulú levará ata a biblioteca municipal o espectáculo De ti e mailo mundo que apañes, dirixido a público adulto. Esta montaxe fai un percorrido pola obra da poeta, tradutora e editora Xela Arias, que combina a narración oral con outras linguaxes escénicas e non se cingue a unha orde cronolóxica.