O TSXG dálle a razón ao novo Anduriña e nega que o Unión nacera dunha fusión de clubs

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

O GROVE

CEDIDA

A xustiza di que o club está correctamente inscrito no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia

07 feb 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

É recorrible, pero a sentenza da Sección 3 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con data 29 de xaneiro supón un duro revés para a directiva do Unión Sociedad Deportiva de O Grove no seu empeño por evitar que o nome do Anduriña volva soar nos campos do fútbol autonómico de Galicia. A directiva do novo Anduriña S.D. envioulle onte á prensa unha copia da sentenza que desestima o recurso xudicial presentado polo Unión Grove contra a resolución da Secretaría Xeral para o Deporte que rexeitara no 2019 a petición do club meco de anular a inscrición ese mesmo ano do Anduriña S.D. no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia. Un recurso no que a Secretaría Xeral para o Deporte aparecía como administración demandada e o Anduriña Sociedade Deportiva como codemandada.

Na sentenza, o alto tribunal sostén que «la codemandada cumplió escrupulosamente para que la Admnistración la inscribiese como entidad deportiva gallega, como un nuevo club a efectos jurídicos que nada tiene que ver con la asociación deportiva desaparecida». Pero é que o TSXG dá por acreditado que a historia do nacemento do Unión non é a que se leva contando desde que se fundara en maio do 2005: «Se acordó la fusión de Anduriña S.D. y Deportivo Grove, obligándose a crear un nuevo club, lo que finalmente no tuvo lugar, pues no se constituyó una nueva entidad deportiva, sino que se cambió la denominación del Deportivo Grove a Unión S.D. de O Grove [...]» mentres que «en la misma fecha se da de baja en el Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia al club S.D. Anduriña». O TSXG sinala que «el Anduriña S.D. se encuentra inscrito en el Rexistro conforme a la normativa vigente, toda vez que en el Rexistro no figuraba inscrita otra entidad con la misma denominación».