O Grove mantén as Xornadas da Centola á espera de que os restaurantes poidan abrir para a ponte de decembro

Emgrobes está a distribuír a cartelería das xornadas para contribuír á promoción do rei do marisco


O Grove

A Asociación de empresarios, comerciantes e hostaleiros, Emgrobes, non renuncia a conmemorar as Xornadas da Centola aínda que sexa con pandemia. Este ano, a falta das clásicas centoladas nos restaurantes debido ao peche dos locais de hostalería, a asociación continúa coa súa labor promocional do rei do marisco, «xa que moitas empresas de O Grove están intimamente ligadas á centola, e o noso deber é axudar na súa promoción económica».

Con este fin estase a distribuír o cartel deste ano coas datas das xornadas, que coinciden coa apertura da veda ata a ponte de decembro incluída, «esperando que a situación mellore e que, finalmente, se poida abrir a hostalería, coas medidas de prevención pertinentes de cara a esta ponte».

Pola súa banda, a confraría de pescadores realizará o 27 de novembro o tradicional concurso de centolas macho e femia durante a poxa que se celebrará esa tarde na lonxa. Os gañadores recibirán un diploma e un premio de 150 euros.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

O Grove mantén as Xornadas da Centola á espera de que os restaurantes poidan abrir para a ponte de decembro