Manuel Quintáns, o cabaleiro do libro e das palabras

Antón Mascato O GROVE

O GROVE

PACO RODRIGUEZ

Finou o profesor foi durante anos xurado do Premio de novela curta Manuel Lueiro

24 sep 2020 . Actualizado a las 00:22 h.

Se soubera del Luchino Visconti, teríao escollido para protagonizar Il gatopardo, aquela obra que tanto lle gustaba, porque aínda que Manuel Quintáns Suárez era un neno de aldea (Santa Comba 1931-Santiago de Compostela, 2020), educado entre curas no seminario e formado en Filosofía e Letras das que fixo a súa paixón e oficio alimentario. Porque Quintáns era un neno nacido entre torróns, mais cunha fasquía aristocrática á que contribuía o seu cabelo prematuramente abrancazado e o seu porte elegante.

Profesor de ensino medio, deunos clase a tres xeracións de extraordinario alumnado, que o foigrazas á súa sabedoría. Henrique Monteagudo, actual secretario da RAG, ou Avelino Abuín, profesor en Vilagarcía, son só dúas mostras dos logros deste pedagogo que amaba o libro e a lectura; que nos guiou coma ningún outro, non sendo o profesor Carvalho Calero, por esas tebras da lingüística e a literatura. No Grove foi coñecido como presidente do xurado do certame de novela curta Manuel Lueiro; no resto do país, pola inxente e laboriosa obra dedicada en xeral ás humanidades, e mais concretamente á narración oral, ao conto tradicional, ao refraneiro, á cultura popular, ou á obra teatral do inesquecible Roberto Vidal Bolaño, do que tamén foi sogro. Tempo haberá para homenaxealo como merece este mago das palabras, este oleiro de libros e lecturas, este gran señor da cultura popular; boa viaxe, ao vello profesor que nos guiou nun tempo sen luces.

*Quintáns finou este luns e será incinerado hoxe na intimidade.