Recollida de firmas virtual para esixir un futuro para Thenaisie Provote

La Voz O GROVE / LA VOZ

O GROVE

Maruxa Alfonso

O obxectivo é tentar comprometer ás administracións públicas no desbloqueo das negociacións que deberían culminar na venta da conserveira grovense

16 jul 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

«Uns 125 empregos directos, ademais dos empregos indirectos, destruiranse en O Grove e Mos se a Xunta e o Goberno non interveñen para garantir a continuidade da histórica conserveira Thenaisie Provoté». Así comeza unha recollida de firmas que se está a levar a cabo en change.org para tentar comprometer ás administracións públicas no desbloqueo das negociacións que deberían culminar na venta da conserveira grovense. Na defensa da continuidade da mesma xa se teñen celebrado nesta vila varias manifestacións multitudinarias, pero a solución segue sen concretarse.