«O mar é feminino», charla en O Grove

La Voz O GROVE / LA VOZ

O GROVE

MARTINA MISER

Hoxe, desde as 18 horas, na Sala das Cunchas do Concello do Grove 

25 ene 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 18 horas • Sala das Cunchas do Concello do Grove • A Asociación de Mulleres do Mar de Arousa, Amur, é a responsable da organización do encontro que hoxe sábado terá lugar no Grove, na sala das Cunchas do Concello. Alí reuniranse varias mulleres para falar de que «En Galicia, o mar é feminino». Rita Vázquez, bateeira xubilada; Inés Patiño, bateeira en activo; Pepita «Abelleira», xubilada da conserva; e Carmen Domínguez, mariscadora tamén retirada, compartirán recordos e experiencias, nunha conversa guiada por Sanda Amézaga, secretaria da asociación Mulleres do Mar de Arousa. A charla comeza ás 18 horas.