«O mar é feminino», unha reflexión dende O Grove

r.e.

O GROVE

MARTINA MISER

O sábado varias mulleres falarán do tema na Sala das Cunchas

22 ene 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Sábado 25 • 18 horas • Sala das Cunchas do Concello do Grove • A Asociación de Mulleres do Mar de Arousa, Amur, é a responsable da organización do encontro que este sábado terá lugar no Grove, na sala das Cunchas. Alí reuniranse varias mulleres para falar, e para encher de contido a lenda que da título a esta reunión: «En Galicia, o mar é feminino». Rita Vázquez, bateeira xubilada; Inés Patiño, bateeira en activo; Pepita «Abelleira», xubilada da conserva; e Carmen Domínguez, mariscadora tamén retirada, compartirán recordos e experiencias, nunha conversa guiada por Sanda Amézaga, secretaria da asociación Mulleres do Mar de Arousa. A cita promete memoria de tempos complexos. Promete certo grado de denuncia e de reivindicación dun traballo que demasoadas veces quedou invisibilizado. Promete, xa que logo, unha revisión do camiño andado polas mulleres do mar, e unha mirada máis ou menos esperanzada sobre o percorrido que aínda queda por diante.