Homenaxe a Lois e a Pino na Marcha do Marisco

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

O GROVE

Pirucho

A cita será o día 28, con 104 quilómetros de percorrido

06 sep 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O Club Ciclista O Grove desvelou onte que homenaxeará a biker local Lara Lois e Álvaro Pino na quinta edición da Marcha Ciclista do Marisco. Unha cita programada para o domingo 29 de setembro. Ese día os interesados en participar abrirán a xornada ás nove da mañá na Praza do Corgo, para gozar dunha experiencia de 104 quilómetros de dificultade media-alta, segundo a organización. O C.C. O Grove anima a apuntarse na marcha, cun custe de 18 euros para os ciclistas federados, e de 28 para os que non o están.