A Galicia dos anos 20 na ollada de Matilda Anderson, no Grove

O GROVE

MONICA IRAGO

A exposición da afamada fotógrafa inaugúrase hoxe na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey

05 sep 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 20 horas • Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey • O Grove • Entre 1924 e 1926, a fotógrafa Ruth Matilda Anderson viaxou por Galicia xunta o seu pai, Alfred Theodore Anderson. Por encarga da prestixiosa institución neoiorquina The Hispanic Society of América, a mesma que pediu a Sorolla que pintase España, a pioneira recolleu unha impresionante selección de imaxes, que constitúen un documento fundamental para coñecer como vivían os galegos dos anos 20 do século pasado. Agora, unha escolma das súas fotografías chega a O Grove da man de Afundación, a obra social de Abanca, baixo o título «Unha mirada de antano». Poderá visitarse ata o 29 de setembro.