Os "Toxiamigos" atacan a Aldea dos Grobits

La Voz O GROVE / LA VOZ

O GROVE

cedida

A Policía Local do Grove traballa para identificar ao grupo de rapaces que onte pola tarde fixeron varias pintadas no parque infantil do Monte Central;

08 ago 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A Aldea dos Grobits tense convertido nun atractivo turístico máis do Grove. As pequenas cabanas habitadas por seres máxicos agochan un precioso parque infantil ao que so se pode acceder atravesando o Monte Central da Toxa. Onte, ás cinco da tarde, unha persoa decatouse de que algo ía mal nese lugar, e avisou á Policía Local de que había un grupo de rapazada facendo pintadas. Para cando chegaron os axentes xa non quedaba ninguén na diminuta aldea, pero si as súas pegadas: sobre a porta dunha cabana escribiran Lucifer. Noutro punto, «Toxiamigos», e aínda había máis mensaxes, frescas aínda cando as leron os axentes. A Policía Local, coa axuda do servizo de vixilancia da Toxa e cos testemuños dalgunhas persoas que andaban pola zona, acadou identificar xa a unha das presuntas autoras deste ataque ao patrimonio municipal grovense. Agora tratan de dar cos demais. E parece que pouco lles queda para poñerlles nome a todos os "Toxiamigos".