Pesar en O Grove por la muerte de la profe de música

r.e. O GROVE / LA VOZ

O GROVE

Ángeles de la Sota era unha desas docentes que deixan pegada nos seus alumnos

12 jul 2019 . Actualizado a las 07:37 h.

Profesora de Música do Monte da Vila, Ángeles de la Sota era unha desas docentes que deixan pegada nos seus alumnos. Desas que se recordan sempre. O mércores, Ángeles finou, deixando á comunidade educativa do Grove sumida nunha fonda tristura. Dela destacaban os seus compañeiros a súa calidade como profesora e persoa. Como muller que gozaba ensinando e dando impulso ás iniciativas dos seus alumnos. O instituto dispuxo un punto de encontro na biblioteca para quen desexe deixar unha mensaxe de lembranza.