«Hai que reiniciar a relación coa Xunta»

Os nacionalistas do Grove apostan por un reseteo institucional, sempre dende unha posición de respecto

a. garrido
o grove / la voz

Heladio Outeiro repite como cabeza de lista do BNG no Grove. Nos comicios de hai catro anos, a formación nacionalista acadou dous concelleiros. O seu proxecto afonda na necesidade de recuperar relacións con outras Administracións, culpando ao alcalde de rachalas, e de transparencia con respecto ao plan urbanístico.

-Se o BNG lograse unha posición de forza para formar goberno e vostede se convertese no vindeiro alcalde do Grove, que faría sen deixar pasar máis tempo?

-Reiniciar as relacións coas diversas consellarías da Xunta, rotas por Cacabelos, dende o respecto institucional, para sacar adiante os grandes temas pendentes. Falamos das melloras nos portos, dos centros de saúde e de día, do PXOM, dunha nova gardería infantil, dos colexios ou da casa da xuventude.

-Que hai dese PXOM?

-Dende o BNG apostamos por revisar con transparencia o documento e aprobalo canto antes. Hai que dar seguridade á nosa industria e hostalaría, e promover a restauración e a renovación do parque de vivendas, así como apoiar a construción de novas vivendas. Sobre todo para as familias novas, facilitando que poidan instalarse e vivir aquí.

-En canto aos moitos proxectos pendentes que O Grove precisa, cal serían os prioritarios?

-As ampliacións e melloras dos portos. O centro de saúde. O centro de día e a nova gardería infantil. Un novo centro social en Reboredo e a casa da xuventude.

«Temos que

darlles seguridade

á hostalería e á industria co PXOM»

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
10 votos
Comentarios

«Hai que reiniciar a relación coa Xunta»