A nena da Lanzada que se dedicou a estrear altares deportivos de maior

O GROVE

Cedida

Primeira campioa de España Máster 40 da historia de ciclocross e de ciclismo contrarreloxio e en ruta, a meca María Fernández Lores vén de gañar dúas medallas nos mundiais dúatlon e de tríatlon en Pontevedra no seu quinto ano de competidora

03 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

«¡Nooo...! [gargallada] ¡No! ¡Qué va!». Así resposta María Fernández Lores (O Grove, 25/II/1973) á pregunta de se contaba regresar ao seu fogar en Villanueva de la Cañada con dúas medallas do ITU Multisport de Pontevedra. O bronce no Mundial de Dúatlon Esprint de Grupos de Idade na categoría de 45-49 anos do pasado sábado. E a prata do Mundial de Tríatlon Cross do mesmo grupo, coa que o martes pechou a súa participación nunha cita que durante oito días está a ver pasar pola cidade do Lérez a máis de 4.000 especialistas dunha ducia de modalidades, co Campionato do Mundo de tríatlon de longa distancia como colofón mañá sábado. «Venía con un objetivo, el Top 5. Siendo ambiciosa, peleando muchísimo, creía que podía estar entre las cinco primeras. Y como mucho, el bronce», confesa María tras a súa extraordinaria estrea mundialista.

Os cálculos da arousá, afincada desde hai 20 anos na citada localidade madrileña a 15 quilómetros da cidade de Madrid, non viñan tanto da valoración do seu potencial, e a súa relación co nivel das probas nas que ía competir, como do feito de contar tan só con tres meses de preparación. A tempada de ciclocross, que completou precisamente en Pontevedra no Campionato de España do que saíu subcampioa no seu grupo de idade, retrasou a súa posta a punto específica para o ITU Multisport.

Tres medallas de primeira orde en catro meses danlle maior lustre inda a un palmarés individual tan excepcional polos seus logros, como polo escaso tempo de rodaxe dunha muller que comezou a súa andaina no deporte de competición hai tan só cinco anos; presumindo hoxe, salienta, de ser a primeira campioa de España Master 40 feminina da historia nas especialidades de ciclocross (2017), de ciclismo de estrada en ruta e de diclismo de estrada contrarreloxio (2018).

Levando unha deportista dentro

Unha cousa, non ter competido antes, non quita a outra. «Mi relación con el deporte es de toda la vida», cóntanos María camiño de volta a Villanueva de la Cañada. O seu primeiro recordo desa relación de amor perenne semella extraída dun cadro de Soroya. «Cuando era pequeña, en verano, con la marea baja, mis cuatro hermanos y yo íbamos a correr a A Lanzada con mis padres, ida y vuelta». E non, aclara, ningún deles é o alcalde de Pontevedra, co que non garda relación.

Habitual da piscina na Coruña durante a súa licenciatura en Empresariais, a relación de Fernández Lores coa bicicleta limitábase aos seus paseos polo Grove ata que hai cinco anos, plenamente asentada en Villanueva de la Cañada tras cursar o Master en Finanzas da ICADE, o seu entón marido díxolle «¿Hacemos un triatlón? Era el momento en el que comenzaba el bum del triatlón, y había un club en el pueblo. Compramos la bici más básica, nos fuimos a Valencia; y me enamoré del triatlón». Ata o punto de lanzarse pouco despois a unha proba de media distancia na súa segunda experiencia, rematando terceira veterana no Triatlón Cabo de Gata do 2015. «Me gustan todos los deportes al aire libre. Muchos no los pruebo para no engancharme. Me gusta la superación de una misma», afirma. E o tríatlon é a modalidade perfecta para dar saída a esa pulsión.

María quitouse en Pontevedra a espiña de non poder ter acudido o ano pasado ao Europeo de Ibiza, por incompatibilidade económico-familiar: «Estoy divorciada, y si me tocan las niñas (3) con los de mi pareja (2), se multiplica el gasto». Pero co Mundial en Pontevedra, «siendo de O Grove era esperar una semana más para ir a ver a mis padres».

Contrastado o seu potencial internacional, María Fernández pon freo ás expectativas que poidan xerarse ao seu arredor: «Esto cansa mucho, y tengo una familia. Voy a seguir entrenándome. Pero la parte de competición no la tengo clara». Con dúas medallas mundiais, o que lle apetece agora é «competir en parejas» co seu actual compañeiro. E a iso van.