A Consellería do Mar convoca 35 novos pérmex para o marisqueo a pé na confraría do Grove

La Voz O GROVE / LA VOZ

O GROVE

MARTINA MISER

Para poder optar a eles, os solicitantes deben cumprir, entre outros, os requisitos esixidos no Decreto 425/1993, do 17 de decembro

05 dic 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

As xubilacións dos mariscadores e mariscadoras abocan ás agrupacións a unha continua renovación. Desta volta tócalle á confraría de O Grove. A Consellería do Mar vén de convocar 35 novos permisos de explotación para marisqueo a pé para a súa agrupación de marisqueo a pé. Para poder optar a eles, os solicitantes deben cumprir, entre outros, os requisitos esixidos no Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se regulan os permisos de explotación para exercer a actividade pesqueira e marisqueira. Ademais, deben presentar a documentación requirida pola Consellería do Mar.

Os interesados poderán consultar a convocatoria na páxina web da consellería. O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días hábiles, tras a publicación desta convocatoria no taboleiro de anuncios da xefatura territorial e na páxina web da consellería.

O departamento que dirixe Rosa Quintana lembra «todas as prazas se convocan despois de comprobar a súa viabilidade nos informes técnicos e sempre tendo en conta a compatibilidade e sustentabilidade dos recursos e criterios socieconómicos».

A nova foi ben recibida onte na agrupación, na véspera de comezar a campaña de Nadal.