A choiva obriga a aprazar o San Martiño do Grove

La Voz

O GROVE

MARTINA MISER

08 nov 2018 . Actualizado a las 21:51 h.

Cousas do outono. Chove e vai seguir chovendo durante a fin de semana e, nestas condicións, pouca festa se pode facer. De xeito que no Grove decidiron suspender o San Martiño que se ía celebrar o sábado e o domingo. A previsión e que o tempo mellore para a semana próxima e a festa poida celebrarse para entón.

O San Martiño 2018 arrincará con competicións deportivas o sábado pola tarde. No eido gastronómico, haberá un magosto o sábado, e degustación de callos, o domingo a mediodía.

O pregón será cousa do cociñeiro grovense, Javi Olleros, e a música correrá por conta dos grupos Paradanda, Cantodorxo, Os Firrás e Trebol. O domingo a mediodía haberá misa solemne, cantada pola coral de O Grove.