Obradoiro de poesía e mar no Museo da Salga do Grove

O GROVE

15 oct 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

27 de outubro • Museo da Salga • O Grove • Dende as 10 horas • A Deputación de Pontevedra e a Asociación de Escritores en Lingua Galega organizan tres obradoiros de poesía coa mar como elemento común. Un deles desenvolverase no Grove, da man do premio nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, Antonio García Teijeiro. O seu obradoiro estará enfocando no profesorado, como ferramenta para que os docentes acheguen a poesía aos máis pequenos. É preciso inscribirse no enderezo electrónico info@aelg.org ou a través do teléfono 981 133 233 en horario de mañá.