Amegrove C.R. aposta por Iván Fandiño como técnico

La Voz

O GROVE

Cedida (Victor Rico / C.N. Campello)

03 oct 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

«O club trasladoulle a Diego Cabaleiro o obxectivo para a vindeira tempada, que non pasa pola clasificación, senón por meter xente da casa. E de mutuo acordo decidimos un cambio». O presidente do Amegrove C.R., Manuel Fandiño, informa do novo rumbo decidido pola directiva da entidade, e a súa primeira consecuencia en forma de cambio de adestrador.

«Este ano queremos recuperar canteiráns que nos ían deixar, ou que o fixeran o verán pasado. O noso vai ser un barco humilde de rapaces novos da casa. A aposta é manter o grupo, aprendelos a remar todos a unha. ¿Que temos que dar un paso para atrás para dar logo tres adiante?», mesmo un hipotético descenso á LGT-B «non nos importa», di Manuel Fandiño. Para esta folla de ruta Amegrove contará como adestrador da traíña a Iván Fandiño, fillo do presidente, que volve tras unha breve experiencia no remo mediterráneo no club Campello.