A quinta Copa Galega de F.G. Praia-A Lanzada reunirá o sábado a dezaseis equipos

O campionato volverá ser organizado polo Mecos F.G.

.

O Mecos F.G. organizará o sábado a V Copa Galega de Fútbol Gaélico Praia-A Lanzada. Con partidos desde as 10 na zona do sanatorio, o torneo contará con 16 equipos. No cadro feminino conseguíuse o mínimo fixado pola organización, cinco, coa participación do Paquitas (O Grove), As Piñas (Santiago), Keltiñas (Vigo), Ñu (A Coruña-Ourense) e Por Favor Gracias (Lalín). Os once conxuntos masculinos inscritos iniciarán a Copa cunha fase de grupos. No A o A Lanzada é nosa (O Grove), Mamba Negra (Pontevedra), Setemiñankos (Cambados) e Minhokeiros (Gondomar), no B o Lokomotiv das Fontiñas (Santiago), Athlético Birrarkai (Lalín), Yog Old Is Cool A (A Coruña) e Tropas Douradas (Ourense); e no C o Yog Old Is Cool B (A Coruña), A Sombra (A Estrada) e o Ostia de Padre (A Coruña).

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A quinta Copa Galega de F.G. Praia-A Lanzada reunirá o sábado a dezaseis equipos