O Meloxeira Rasoeiro remata subcampión da Segunda Galega

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

O GROVE

Perdeu 17-13 no partido de volta da final co Tui

23 may 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

O sénior feminino do Rasoeiro quedou sen a guinda á máis ca notable tempada do equipo que este ano adestrou Pablo Filgueira. Un Meloxeira que ao igual ca na primeira fase da campaña, na que quedou ás portas de acceder á liguiña de clasificación da Primeira Galega para a fase de ascenso á División de Honra B, finalizaba o pasado sábado por detrás do campión da Segunda Galega. Unha categoría esta na que se víu obrigado a competir tras non pasar o corte dos catro mellores da Primeira Galega, e que completa coma subcampión e con praza na máxima categoría autonómica a vindeira campaña.

O Meloxeira acudíu o pasado sábado á cancha do Tui na procura dun triunfo ou, cando menos, dun empate a máis de 21 goles, logo da igualada por dito tanteo unha semana atrás no Novo Pavillón Monte da Vila. O problema foi que o conxunto grovense se víu na obriga de encarar o desenlace cun plantel moi mermado. E así, pese a facerse co parcial da segunda metade, 6-8, acabou pagando os seus paupérrimos 30 primeiros minutos de partido, nos que encaixou un 11-5; «nefastas en ataque, y con la portera del Tui muy acertada», explicaba onte Filgueira no seu relato do 17-13 da volta da final.

 

Unha Liga demasiado longa

O técnico do Meloxeira valora positivamente a tempada do equipo, que no seu caso supoñía «una experiencia nueva, por ser mi primer equipo sénior, y también femenino» procedente da canteira do Xiria de Carballo. O único pero, que «la Liga se alargó demasiado, con sucesivos retrasos», o que dificultou o mantemento da tensión competitiva do plantel.