Triunfo vital do Rasu para as súas aspiracións de salvación

Os de Kito Parada superan 32-34 o pechacancelas, o Lavadores


vilagarcía / la voz

Con moito esforzo, pero con recompensa final. Os homes e compañeiros de Kito Parada solventaron con éxito a que se lles presentaba coma unha auténtica final o pasado sábado na cancha do Vilatrade BM Lavadores. O pechacancelas e aparente candidato en firme a abandonar a Primeira División Nacional ao termo da presente tempada, cun triunfo, cun empate e cunha ducia de derrotas a falta xa tan só dunha última xornada para a conclusión da primeira volta. O resultado final, 32-34 para o cadro meco.

Foi o do sábado un choque duro. Co Rasoeiro dominando sempre agás a sucesión de empates no primeiro cuarto de hora e a única vantaxe do Lavadores no encontro, 5-4 no minuto 5. Un parcial de 0-3 entre o 18 e o 20 permitíulle ao Rasu manexarse con certa marxe ata o descanso, con resultado provisional de 16-19. Pero o cadro anfitrión foi quen de voltar apretar o encontro aos sete minutos da reanudación, manténdose a tiro dun gol ata que a mediados do segundo tempo un novo parcial de 0-3, con goles de Aarón Vidal, de Martín Caneda e de Alberto López, poñía un 26-30 que lle deu a confianza precisa ao Rasoeiro. Mesmo xogando cun menos entre os minutos 51 e 55.

Coa Liga parada ata o 14 de xaneiro, o Rasu sae da zona de descenso, antepenúltimo con 8 puntos; 1 por enriba do Carballal.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Triunfo vital do Rasu para as súas aspiracións de salvación