O Calmear Rasoeiro afonda a súa crise caendo co Carballal

O Meloxeira, pola contra, supera 24-25 o Caselas


vilagarcía / la voz

Xerra de auga fría a que recibíu o Calmear Rasoeiro o pasado sábado na súa visita ao Granitos Ibéricos Carballal de Vigo. Cun 34-28 final que desfai o empate entre o antepenúltimo e o penúltimo clasificados do Grupo 1 da Primeira División do balonmán español, afundindo o cadro grovense na zona de descenso directo con tan só dous triunfos por nove derrotas a falta de catro partidos para a conclusión da primeira volta ligueira.

Os homes dirixidos por Kito Parada foron quen de presentar batalla os 20 primeiros minutos, nos que mesmo chegaron a dominar por veces o marcador cun tanto de vantaxe. Pero un parcial de 9-3 en contra fixo despegar o Carballal, que chegou ao descanso 20-14 por diante. A algo menos de 7 minutos para a conclusión do choque o cadro vigués asinaba a súa máxima vantaxe, 33-23.

Noutra orde de cousas, na Primeira Autonómica Feminina o Meloxeira Rasoeiro venceu 24-25 o Caselas, e na Segunda Autonómica Masculina o Asmubal estreaba o seu casilleiro de triunfos a costa do Campus Ourense, 22-19.

 

 

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O Calmear Rasoeiro afonda a súa crise caendo co Carballal