O que sobran son músicos se hai gañas de troula

La Voz

O GROVE

CEDIDA

Actúan hoxe en Meaño e mañán no Grove

25 nov 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 23 h • Meaño • Casa da Feira • Gratuito

Mañá • 20.30 h • O Grove • Carpa do Corgo • Gratuito • No Grove, que de é onde ben esta mega banda, cando se ten moita sede dise que se ten un sequío como un mundo. E eles que son xente de bo beber e de andar por bares e tabernas, acolleron a expresión para identificarse.

Pero ollo, dito así podería parecer que A Banda do Sequío é un grupo de cantos tradicionales de taberna. E non. «Somos un grupo como calquera outro coa particularidade de que somos 15, sete cantantes e oito instrumentistas», comenta Virvi Fraga, un dos artífices do proxecto.

A mellor proba para refutar o seu carácter é o seu repertorio. De novo Virvi explica que «facemos música dos anos 80 pero cun toque celta porque ademais das guitarras acústicas, baixo e batería metémoslle tamén acordeón, bandurria e algunha frauta». E así, poden soar versións de Loquillo, La Guardia, Los Secretos ou Nacha Pop. «Tamén lle botamos un par delas de Sinatra, en español, algún bolerito de Los Panchos, Raphael, Camilo Sesto, algún popurrí de rumbas, rancheiras e cancións tradicionais galegas... En definitiva, que tocamos todos os paus».

Entre os membros deste combo figuran compoñentes de comparsas grovenses e músicos e cantantes de orquestras como Panorama, Solara ou Calle Real. Polo que A Banda do Sequío, creada este mesmo ano, será basicamente unha banda de actividade invernal.