O Rasoeiro tutea 48 minutos o potente Porriño (30-24)

Os equipos femininos do Salnés caeron na xornada da pasada fin de semana, ao igual có Asmubal de Segunda Autonómica


vilagarcía / la voz

«En dous minutos tiramos o traballo de 48 pola borda en dous fallos». Con amargura lembraba onte o xogador/adestrador do Calmear Rasoeiro, Kito Parada, a derrota o pasado sábado do seu equipo ante o potente Porriño por 30-24 na Primeira Nacional. Un resultado que agocha os méritos dun conxunto grovense quen de tutear durante catro quintas partes do encontro o seu anfitrión. «Iamos dous abaixo, e perdonámoslles a vida. Fallamos accións de gol moi claras, e en dous contraataques se nos foron de catro e xa non houbo nada que facer», engade Parada, que contou coa estrea do central de Pontedeume Alberto López, fichado tras a baixa do extremo Rodrigo Conde.

Na Primeira Autonómica Feminina, o Rasoeiro derrotou 20-24 o Tui, e o Teucro-Asmubal perdeu 23-32 co líder Porriño. E na Segunda Autonómica Masculina, o Asmubal de Meaño caeu pola mínima, 30-29, co Granitos Ibéricos Carballal, e agora é penúltimo con pleno de derrotas.

 

 

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O Rasoeiro tutea 48 minutos o potente Porriño (30-24)