Terceira derrota seguida dun Rasu afundido tras o receso

O conxunto meco pasou dun 16-15 á media hora de xogo ao 36-25 final


vilagarcía / la voz

Cunha contundencia inesperada polo visto na primeira parte (16-15 ao descanso), o Calmear Rasoeiro caeu o pasado sábado 36-25 a mans dun Academia Octavio que o xogador/adestrador do cadro meco, Kito Parada, considera asequible para o cadro arousán, pero que non atopou excesivas dificultades para dobregar a un rival que ten na súa fraxilidade nos primeiros minutos das segundas partes o seu gran talón de Aquiles.

De feito, o Octavio non precisou sequera da continuidade anotadora da súa estrela, o central serbio Strahinja Simic, que anotou 9 dos seus 13 tantos na primeira media hora de xogo. Ao final, terceira derrota consecutiva do Calmear, a quinta nas sete xornadas do campionato.

Polo que respecta á Segunda Galega, o Asmubal abríu a Liga caendo 30-27 co Lavadores. E na Primeira Galega Feminina, Teucro-Asmubal 24-22 Caselas, e Lavadores 22-19 Rasoeiro.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Terceira derrota seguida dun Rasu afundido tras o receso