Derrota do Calmear Rasoeiro ante o Lalín (16-25)

A descualificación de Sergio Iglesias no minuto 12 descompensou o conxunto meco


Vilagarcía / La Voz

A pronta descualificación de Sergio Iglesias, convertido en líder do ataque do Calmear Rasoeiro nestes seus compases iniciais na Primeira Nacional, remataría pasándolle factura ao cadro meco no seu encontro co Embutidos Lalinense, con 16-25 final no Pavillón Monte da Vila.

Sen Sergio Iglesias desde o minuto 12.22 o Calmear Rasoeiro aguantou inda ata os dez minutos finais previos ao descanso, nos que se pasou dun 6-7 a un 8-12. No 35 a diferenza foise xa a 5. Ningún xogador do Rasoeiro superou os 3 goles no partido.

Na Primeira Galega Feminina, o Meloxeira Rasoeiro tamén perdeu, 20-27 co Porriño, mentres que o Teucro-Asmubal lle gañaba 16-28 ao Xiria.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Derrota do Calmear Rasoeiro ante o Lalín (16-25)