O filial do Cangas corta a liña ascendente do Rasoeiro

Os de Kito Parada aguantaron tan só 15 minutos no punto e final á súa serie de dous triunfos en Liga

La Voz

Vinte minutos. Ese é o tempo que lle aguantou o pasado domingo o Calmear Rasoeiro ao Luceros no Pavillón do Gatañal no partido da quinta xornada de Liga da Primeira Nacional. Cun 35-30 final que reflectíu a cómoda vantaxe que o filial do Asobal Cangas Frigoríficos do Morrazo conseguía nos dez minutos que precederon o descanso, tras un primer cuarto de hora no que os homes e compañeiros de Kito Parada se resistiron á demarraxe do seu anfitrión.

A segunda parte rematou probando que o Luceros deixara xa enfiado o seu triunfo ao descanso cun 18-12. Eloy Villanueva e David Veloso, con 7 tantos, foron os máximos goleadores do cadro local, mentres que Sergio Iglesias liderou o ataque grovense con 11.

Deste xeito, o Calmear Rasoeiro ve cortada a súa serie de dúas vitorias, caendo ao undécimo posto da clasificación con 4 puntos nun séxtuple empate co propio Luceros, co OAR Coruña, co Seis do Nadal, co Academia Octavio B e coa S.A.R.

 

Primeira Galega Feminina

O cadro sénior feminino do Rasoeiro, o Meloxeira, sumaba pola súa conta o seu segundo triunfo da tempada na terceira xornada da Primeira Autonómica cun 21-33 sobre o Coreti Lalín, situándose quinto na clasificación provisional -de oito equipos- empatado a puntos co Teucro-Asmubal. Este último tamén gañou o seu encontro semanal, 18-12 ao Tui. O sénior masculino de Meaño, pola contra, perdeu 27-24 na cuarta xornada da Copa Federación.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O filial do Cangas corta a liña ascendente do Rasoeiro