A Carreira e Andaina solidaria de Leo encara os últimos días de inscrición

redacción MEIS / LA VOZ

MEIS

Un momento da proba infantil na Carreira de Leo
Un momento da proba infantil na Carreira de Leo Martina Miser

O prazo pechará o día 28 de setembro e os organizadores fan un chamamento á participación 

25 sep 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

A IV Carreira e Andaina solidaria de Leo chega á súa recta final. O vindeiro 4 de outubro, Meis volverá a converterse no punto de encontro dunha xornada deportiva e solidaria que pretende reunir novamente a miles de persoas arredor da inclusión, a solidariedade e a investigación das enfermidades raras. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 28 de setembro, polo que a organización anima a todas as persoas que aínda non o fixeron a aproveitar estes últimos días para sumarase á iniciativa.

A xornada comezará ás 09.30 horas coa andaina solidaria, cun percorrido aproximado de sete quilómetros, e ás 11.15 horas fará comezo a carreira de cinco quilómetros. A continuación celebraranse as carreiras infantís, con categorías desde os 18 anos ata os máis pequenos, dende un ano de idade.

Un ano máis o evento converterase nunha auténtica romaría solidaria, con pulpeiros, food trucks, inchables e diferentes propostas de animación musical. Entre as actuacións previstas destacan Javi Solla e o grupo vilagarcián Somoza Trío.

Na pasada edición, o evento conseguiu reunir arredor de 2.400 participantes e recadar preto de 40.000 euros. Dende a organización fan un chamamento á cidadanía para que se sume a esta celebración.