
Lucas Míguez, César Rodriño, José Souto, Manuel Conde, Casiano Mouriño e Breogán Pérez están entre os galardoados
02 feb 2023 . Actualizado a las 16:29 h.O Concello de Meis vén de dar a coñecer os nomes dos galardoados como Meisinas e Meisinos do Ano 2023 que se recibirán o seu premio na gala que terá lugar este sábado, ás oito da tarde, no auditorio municipal. O listado é amplo. Trátase do cura José Souto Míguez; do escultor Lucas Míguez; do deportista e actual directivo do C. D. Mosteiro, César Rodiño Maquieira; dos músicos Manuel Conde e Casiano Mouriño, e do bailarín Breogán Pérez; no eido colectivo serán galardoados o CPI Mosteiro-Meis, as asociacións de mulleres rurais Os Pazos, Nogueira, O Salnés e O Marco e club ciclista Armenteira e Punto.
A gala estará conducida por Terio Carrera e actuarán a Banda da Vertula, Dúo as Lembranzas, Raúl&Cía e haberá animación e zancudos de Chassé Centro Artístico. Anúnciase a presenza da alcaldesa e outros membros do goberno así como galardoados en anos anteriores.