O Concello fará as obras para un comedor escolar na Armenteira

La Voz MEIS

MEIS

MONICA IRAGO

O goberno atende así unha demanda dos pais e da dirección do centro

07 may 2022 . Actualizado a las 13:56 h.

O Concello de Meis acometerá o investimento que supón o acondicionamento dun aula do CEIP Armenteira para convertela en comedor escolar. As obras consistirán no cambio do teito e colocación de luces estancas (tapadas por unha pantalla), pintado das paredes, colocación dun novo chan e dotación de auga quente e de sistemas nas fiestras para evitar o paso de insectos.

«Dado que o Concello de Meis dispón de un orzamento moi axustado, é un gran esforzo que fai asumindo competencias que non son súas. En Meis temos unha xoia, o CEIP Armenteira, e imos a poñer todos os nosos esforzos para que este centro conte co servizo de comedor e vexa incrementada a matrícula», segundo indican desde o goberno local.

Desde a dirección do centro e a Anpa consideran que o comedor escolar podería incentivar a matrícula e consolidar a existente. «O CEIP Armenteira é un centro con moitísimo potencial, conta con un magnífico equipo de profesorado, unha ubicación excelente que permite a comunidade educativa facer actividades extraordinarias pola contorna na que se atopa, e porque a ratio de alumnos por aula non ten nada que ver con centros que están masificados».