As limpezas para evitar incendios chegan a zonas de alto risco de Vilagarcía e Meis

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

MEIS

Martina Miser

09 abr 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

A Xunta investiu preto de 40.000 euros en diversas actuacións de xestión de biomasa no distrito forestal Caldas-O Salnés co obxectivo de avanzar na anticipación aos incendios. En concreto, os labores estanse a realizar en zonas declaradas de alto risco de rexistrar lumes forestais dos concellos de Meis, Barro, Pontevedra, Poio, Caldas e Vilagarcía. Estase a proceder á creación e mantemento de faixas auxiliares e á realización de rozas de pistas forestais de xeito mecanizado.

«Deste xeito, estase retirando matogueira de diversas alturas e densidades para facilitar o acceso dos medios de prevención e extinción, así como para evitar a propagación e diminuír o risco de incendio forestal», segundo informan desde a Consellería do Medio Rural.