Augas de Galicia elimina un foco contaminante en Meis

La Voz MEIS

MEIS

Atopábase nos aseos dunha industria que vertía cara un pozo soterrado con filtracións

25 sep 2021 . Actualizado a las 20:55 h.

Augas de Galicia eliminou un vertido de augas residuais procedente dunha instalación industrial asentada no concello de Meis. Este foco foi localizado no marco das inspeccións rutineiras levadas a cabo polos técnicos do Plan de Control de Vertidos, xunto coa Gardería Fluvial de Augas de Galicia, ás instalacións industriais.

Os técnicos da Xunta identificaron a orixe do punto de vertido nas augas procedentes dos aseos das instalacións, que vertían cara a un pozo soterrado do cal se descoñecían as súas características e remataban por infiltrarse no terreo en condicións inadecuadas, cunha depuración deficiente e sen autorización de vertido por parte de Augas de Galicia.

Ante a deficiencia observada, os técnicos requiríronlle aos responsables das instalacións a adopción das medidas correctoras oportunas co obxectivo de emendar ese foco. Os responsables da empresa instalaron unha fosa estanca onde se recollen as augas residuais fecais, emendando deste xeito as achegas irregulares cara ao dominio público hidráulico.

Os técnicos da Xunta realizaron recentemente unha nova comprobación nas instalacións, verificando que a instalou por parte da empresa dunha fosa estanca para a recollida das augas residuais fecais, permitiron o cese do vertido e a inexistencia de afección no dominio público, segundo informa a Consellería de Infraestruturas.