A marcha de protesta pola sanidade convocada en Meis aprázase a outubro

La Voz MEIS

MEIS

Martina Miser

O Concello toma a decisión ante a coincidencia este domingo coa Volta Ciclista en Santiago e a proximidade da vendima

27 ago 2021 . Actualizado a las 20:42 h.

O Concello de Meis aprazou a marcha-peregrinación que organizara para os días 3, 4 e 5 de setembro hasta Santiago co obxetivo de protestar ante a Consellería de Sanidade pola falta de médicos na localidade. Por mor da finalización da Volta Ciclista a España en Santiago de Compostela o domingo 5, habida conta das restricións que motivan o peche de praza do Obradoiro ese día, e dado a que no mes de setembro comenza a vendima, a marcha terá que esperar ao 1, 2 e 3 de outubro. Entre tanto, continua a recollida de sinaturas inicialmente programada ata o 27 de setembro.