Última hora
Sánchez suspende su agenda para reflexionar si renuncia a la Presidencia tras la denuncia contra su esposa

O roupeiro do Canto da Escudeira volve abrir as súas portas en Meis

La Voz MEIS / LA VOZ

MEIS

Martina Miser

O Concello ofrece roupa para a tempada de primavera e verán

09 may 2021 . Actualizado a las 21:00 h.

O roupeiro solidario municipal de Meis, O Canto da Escudeira, vén de reabrir as súas portas. Xestionado pola concellería de Servizos Sociais, o local volve estar activo para lle facilitar a quen o precise roupa para vestir durante os meses de primavera e verán. Do que se trata con esta iniciativa é de satisfacer as necesidades das familias que así o precisen, e de facelo ademais con dignidade. Para lograr ese fin, o Concello conta coa axuda de veciños de Meis e doutras vilas da contorna, que fan entrega de pezas de roupa e calzado en perfecto estado, con pouco uso ou mesmo, nalgunha ocasión, sen se ter estreado. O Concello de Meis decidiu poñer en marcha este servizo ao se decatar da necesidade que se experimentaba nalgúns fogares.