O BNG prosegue coas súas protestas pola sanidade, este sábado cunha caravana en Meis

B. C. MEIS

MEIS

Martina Miser

Sairá do centro médico de Paradela ás 17.30 horas, pasando polo centro médico de San Martiño e remate no da Rochela, onde farase unha concentración 

20 mar 2021 . Actualizado a las 17:38 h.

O BNG prosegue coas mobilizacións na comarca para reivindicar melloras no sistema público de saúde. Se o pasado domingo saía á rúa en Meaño, este sábado farano en Meis «para reclamar unha sanidade pública e de calidade no noso concello», indican desde o grupo municipal. Os nacionalistas invitan á veciñanza a participar na caravana de coches que percorrerá o municipio este sábado, con saída do centro médico de Paradela ás 17.30 horas, pasando polo centro médico de San Martiño e remate no da Rochela, onde farase unha concentración á que se anuncia a participación da deputada e responsable da área de Sanidade no Parlamento Galego, Montse Prado.

«A situación a día de hoxe segue a ser a mesma, co consultorio de Paradela pechado e o consultorio do Mosteiro baixo mínimos. A falta de médicos, as listas de espera para unha cita presencial ou mesmo para ser atendidos telefonicamente provoca que as veciñas e veciños de Meis estean desamparados ante un servizo tan básico como é a sanidade». Desde o BNG de Meis lembran, ademais, Meis leva meses sen servizo de pediatría desde hai meses —as familias teñen que desprazarse a Cambados ou Portonovo— e perdeu, tamén, a matrona.

Esta mobilización súmase a outras convocadas polo Concello nos últimos meses polo mesmo motivo.