A Deputación destina 217.606 euros a mellorar a rede viaria de Mosteiro

La Voz MEIS / LA VOZ

MEIS

MARUXA ALFONSO

30 dic 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A Deputación de Pontevedra deu o visto bo a un investimento de 1,8 millóns de euros para obras de mellora da seguridade viaria e peonil nas estradas provinciais, entre elas varias de Meis. Neste caso o gasto é de 217.606 euros e as obras consistirán na adecuación da plataforma do viario e marxes da estrada do núcleo de Mosteiro, «e con esta actuación, a Deputación asume amais o compromiso adquirido coa veciñanza de Meis para arranxar un problema de inundacións neste tramo».

No treito anexo á praza de España proxéctase a execución dunha plataforma de uso para peóns e automóbiles, con prioridade para os primeiros. No seguinte tramo renovarase a capa superficial da estrada e resolveranse tamén os problemas de drenaxe da vía. Ademais, reforzarase a seguridade mediante a adecuación de beirarrúas, a execución dun paso de peóns e unha mediana de separación de carrís sobreelevados e reforzos de sinalización e iluminación.