Sanidade estende as restricións aos concellos de Meis e de Sanxenxo

A medida aplicaráse a partir de mañá xoves, con limitacións, entre outros, de aforos en comercios e hostalaría. Vilagarcía baixa nunha persoa o número de contaxiados, ata 67


Vilagarcía / La Voz

O Comité clínico da Consellería de Sanidade vén de dedicir hoxe a inclusión de Meis, de Sanxenxo e do Barco de Valdeorras no conxunto de concellos con restricións. As medidas publicaranse hoxe no Diario Oficial de Galicia e entrará en vigor as 00:00 horas desta medianoite, volvendo a revisarse en sete días. 

Entre estas restricións destacan a limitación dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería -onde ademais estará prohibido o consumo en barra-, así como en bibliotecas, academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado entre outros. Tamén se establece a limitación do número máximo de persoas nas xuntanzas tanto privadas como na vía pública fixado nun máximo de 10 persoas; así como a redución dos aforos en celebracións, velorios e lugares de culto.

Deste xeito, O Barco de Valdeorras, Sanxenxo e Meis pasa a formar parte do grupo de concellos con restricións constituído por Santiago, Lugo, Poio, Pontevedra, Marín, Ourense, Verín, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa, así como no Milladoiro (Ames). 

O Concello de Vilagarcía ten nestes momentos 67 contaxios de Covid, un menos que o martes, segundo lle comunicou hoxe a Área Sanitaria ao goberno local. No día de hoxe, e de acordo co compromiso do Sergas coa Fegamp, a Xunta fará públicos os datos de todos os concellos, ordenados por tramos.

A Consellería de Sanidade acordou hoxe tamén limitar as xuntanzas privadas a un máximo de cinco persoas en toda a cidade de Ourense. Esta decisión do Comité clínico ven motivada tras analizar a situación epidemiolóxica ourensá e constatar que as xuntanzas familiares e sociais están sendo a orixe da meirande parte dos contaxios na cidade. Así mesmo, continúan as restricións especiais impostas nalgunhas zonas da cidade. Ademais, para garantir o cumprimento da normativa anti covid en Ourense, vaise reforzar a vixilancia mediante patrullas da Policía Autonómica. 

 

Restricións levantadas na Coruña, en Lalín, en Silleda e en Vilaboa 

Finalmente, e ante a evolución estable dos datos, o Comité de expertos sanitarios acordou levantar as limitacións nos concellos da Coruña, Lalín, Silleda e Vilaboa, que desde esta mesma medianoite volven adoptar as mesmas medidas que no resto de Galicia.

A intención de Sanidade é poder actuar de xeito más selectivo e con maior rapidez ante a aparición de casos nunha zona concreta. É por isto que, fronte ás medidas adoptadas para toda a comunidade autónoma dende o principio da pandemia, quérese agora acoutar o máis posible, podendo restrinxirse e regularse determinadas actividades xa non por áreas sanitarias, senón por concellos, cidades ou mesmo barrios.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Sanidade estende as restricións aos concellos de Meis e de Sanxenxo