Meis recoñecerá o 4 de xaneiro a sete dos seus veciños, firmas e colectivos

Iago Monteagudo, Mariví García, Fernando Reboredo, 'Paquiño' Outeda, Autoservicio Montse, a agrupación local de Protección Civil e Novavila serán cadansúa mención


4 de xaneiro • 20 horas • Auditorio de Meis • O Concello de Meis vén de facer públicos os nomes dos sete veciños, empresas e colectivos da localidade que serán premiados na primeira edición da Gala Meisin@s do Ano. Unha iniciativa coa que o novo goberno que encabeza a socialista Marta Giráldez quere recoñecer o labor individual ou colectivo a prol dunha imaxe externa en positivo da localidade. 

Os premiados, informou onte, serán o kayakista internacional Iago Monteagudo, Mariví García Casal, primeira muller concelleira na historia do municipio, Fernando Reboredo, último latoeiro vivo de Galicia, conta Giráldez, ‘Paquiño’ Outeda, pioneiro no mundo dos karts en Galicia, Autoservicio Montse, pola súa contribución ás iniciativas municipais e á boa imaxe do concello cos seus vistosos escaparates temáticos, a agrupación local de Protección Civil; e Novavila, recentemente elixido por unha revista internacional de hostalaría, a edición España de Conde Nast Traveler, establecemento con máis encanto de España.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

Meis recoñecerá o 4 de xaneiro a sete dos seus veciños, firmas e colectivos