Ludomeis, Mercado de Nadal e Gala Meisinos do Ano

MEIS

MARTINA MISER

O Concello de Meis presenta o seu programa para as festas

18 dic 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Meis presenta esta mañá o seu programa de actividades para o Nadal. Con todo, onte fixo un adianto, informando do inicio, o vindeiro luns, do Ludomeis, que se estenderá ata o 7 de xaneiro. Xusto antes, este domingo, Mosteiro vivirá o seu oitavo Mercado de Nadal do Galo de Corral, que ao longo da mañá contará con animación ambiental e a visita de Papá Noel de 11 a 13 horas, antes da actuación do grupo Os Druídas; a obra teatral «Go On» no Auditorio Municipal pechará, desde as 18 horas, a xornada. A Gala Meisin@s do Ano, o 4 de xaneiro, e a cabalgata e recepción matutina dos Reis Magos, amenizada co espectáculo infantil «Magín Blanco», o día seguinte, completan o programa.